Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 22 de abril de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electridad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Pazos de Arriba, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/436-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 23 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
LMT, CT e RBT Pazos de Arriba (Ponteceso)
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
|||
|
Natureza do terreo |
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||
|
1 |
Herdeiros de Manuel Castro Puñal |
15069A501004130000OY |
Seixo |
112,31 |
|||||
|
Rústico. Agrario |
|||||||||
|
2 |
Herdeiros de María Nieves Pose Carneiro |
15069A501004310000OX |
Camposa |
Novo apoio proxectado 1 (PA/S) (½) |
1 |
2,62 |
3,94 |
||
|
Rústico. Agrario |
|||||||||
