Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 29 de abril de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica de instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado nº 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806), no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/430-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, situada no edificio administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 28 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado nº 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806)
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ponteceso
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
Natureza do terreo |
|
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15069A007009840000PF |
Lugar de Milleiras |
Novo apoio nº 27-1 (RCS) |
2 |
Matogueira |
