DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34136

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO das convocatorias e das bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira e/ou laboral fixo, en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 111, do 16 de maio de 2025, publícanse as convocatorias e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira e/ou laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023 e que a continuación se sinalan:

– Catro prazas de auxiliar do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de oposición, cota xeral, acceso libre.

– Unha praza de técnico/a superior de protocolo do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as superiores, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

– Unha praza de maquinista-condutor/a do cadro de persoal laboral fixo, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.

Lugo, 19 de maio de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social