Unha vez aprobada a modificación do uso dunha parte da parcela de propiedade municipal de referencia catastral 8137401NG9883N0001OQ, situada en Pazos de San Clodio, publícase esta para o seu xeral coñecemento en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro:
O Pleno municipal, na sesión extraordinaria do 31 de marzo de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a modificación do uso dunha parte da parcela de propiedade municipal de referencia catastral 8137401NG9883N0001OQ, de superficie aproximada de 690 m2, comprendida entre os puntos xeorreferenciados indicados na seguinte táboa, segundo a medición topográfica efectuada, para o seu cambio de equipamento sociocomunitario ao uso de espazos libres e zonas verdes:
|
Parcela suxeita a cambio de uso |
|||||
|
Pto. |
Coord. X |
Coord. Y |
Pto. |
Coord. X |
Coord. Y |
|
1 |
598041.777 |
4683588.314 |
5 |
598064.192 |
4683573.285 |
|
2 |
598024.517 |
4683575.115 |
6 |
598059.092 |
4683580.515 |
|
3 |
598033.957 |
4683559.208 |
7 |
598051.855 |
4683575.000 |
|
4 |
598050.693 |
4683558.242 |
|||
Segundo. Remitir a copia do acordo adoptado ao órgano competente da Comunidade Autónoma en materia de urbanismo para os efectos oportunos.
Terceiro. Notificarlles o presente acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados.
Cuarto. Facultar a alcaldesa presidenta para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.
Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que puideren considerar máis conveniente ao seu dereito.
San Cibrao das Viñas, 12 de xuño de 2025
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
