DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela na confluencia das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Lagoela.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, en sesión do 24 de abril de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por Promociones Lagoela-Madrid, S.L. para a ordenación de volumes nunha parcela na confluencia das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Lagoela.

Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Notificar este acordo ás persoas propietarias e demais persoas interesadas directamente afectados polo estudo de detalle.

Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Facultar a Alcaldía para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Salceda de Caselas, 13 de xuño de 2025

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa