DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de notificación aos propietarios de predios para a prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por razóns non imputables ao Concello de Pontecesures, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a continuación se indican da obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Nº de expediente

Referencia catastral

Localización

Titular

106/2024

36044A001001150000ZS

Polígono 1, parcela 115

Rosa Pérez Gil

36044A001001170000ZU

Polígono 1, parcela 117

36044A001004200000ZL

Polígono 1, parcela 420

814/2024

36044A004001860000ZQ

Polígono 4, parcela 186

1465/2024

36044A008011690000ZD

Polígono 8, parcela 1169

859/2024

36044A008007890000ZB

Polígono 8, parcela 789

Mercedes Magariños Grela

36044A008007910000ZA

Polígono 8, parcela 791

Marcelino Portas Magariños

36044A008007920000ZB

Polígono 8, parcela 792

Josefa Magariños González

1465/2024

36044A008011730000ZX

Polígono 8, parcela 1173

Ramón Miniño Gasamanes

1456/2024

36044A001000920000ZW

Polígono 1, parcela 92 en Condide

María Luisa Jamardo Doce (agora propietario descoñecido)

1605/2024

36044A008008570000ZQ

Polígono 8, parcela 857

Mercedes Fernández Cordal

448/2025

36044A004005690000ZP

Polígono 4, parcela 569

Herdeiros de Alfonso Refojo Loureiro

8493208NH2289S0001MS

Avenida de Arousa, 25[A]

A eficacia deste acto quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Pontecesures.

Comunícase que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionaren a biomasa na parcelas indicadas.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa, e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, ou á imposición de multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 € segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, no que se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxecto de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies.

A Administración poderá iniciar a execución subsidiaria en calquera momento dentro dos catro anos posteriores ao transcurso do prazo máximo concedido, en función das súas posibilidades materiais e orzamentarias, e sempre que se manteña o incumprimento.

Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Pontecesures, 13 de maio de 2025

Mª Teresa Tocino Barreiro
Alcaldesa