DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Dairylac, S.L., para unha planta de elaboración de produtos lácteos, situada no concello de Melide (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de elaboración de produtos lácteos

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Dairylac, S.L.

Expediente: 2022-IPPC-I-112

Localización: concello de Melide (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2022-IPPC-112-383

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade