Expediente: IN407A 2022/377-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CT e RBTS Osedo.
Concello: Sada.
1. Antecedentes:
O 13.7.2023 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación ditou resolución pola que se concedeu autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública do proxecto LMTS, CT e RBTS Osedo.
O 3.6.2024 a empresa promotora presenta solicitude de modificación da declaración de utilidade pública ao detectarse un erro na superficie necesaria de acceso á nova instalación eléctrica cuxa construción foi autorizada. A empresa promotora achegou, coa documentación da solicitude de modificación da declaración da utilidade pública, unha nova relación de bens e dereitos afectados.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 8 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
LMTS, CT e RBTS Osedo
Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Sada
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
José Manuel Riveiro Pérez |
8291806NH5989N0001SY |
Osedo |
CT |
24.93 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
