Expediente: IN407A2024/059-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: modificación M1-LMT, CT e RBT lugar de Gándara.
Concello: Brión.
1. Características técnicas:
• Substitución do apio nº A1D4AXD1//94 tipo HP 14/300 polo tipo C-14/1000, da LMT NEG805 Santiago 5 (exped. 27.325), procedente da subestación de Negreira, e no cal se instalará un interruptor telecontrolado (ITC). Retensado dos vans adxacentes.
• LMTS a 20 kV, de 578 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 94 que se vai substituír e remate no CTC proxectado.
• CT compacto prefabricado tipo rural, fin de liña de manobra exterior no lugar de Gándara, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 23 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Brión
Modificación M1-LMT, CT e RBT lugar de Gándara
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Lg. Gándara 934415NH2473 S0001HI |
Urbana |
Eugenio Vilas Picado |
Centro trans. |
18,21 |
||||
|
2 |
Agra Xestas 15013B505005890000MD |
Rústico |
Jaime Jorge Liñares |
Apoio nº 1 |
2 |
4,3 |
12,99 |
||
Abreviacións:
ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml. sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
