En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de maio de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas á renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2024/008).
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de maio de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas á renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2024/008)
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Iberdrola Renovables Galicia, S.A., en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais da renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 23.2.2024, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
As actuacións proxectadas consisten, con carácter xeral, no desmantelamento de 19 aeroxeradores existentes (mantéñense 5 máquinas) e na instalación de tres novos, quedando composto o parque eólico por 8 aeroxeradores.
Segundo. O 15.4.2024 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) notificoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude.
Terceiro. O 27.5.2024 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas remitiulle a documentación do proxecto de Renovación Tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda á unidade tramitadora para a continuación da tramitación de acordo co indicado no artigo 33 da Lei 8/2009.
Cuarto. O 28.6.2024 Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou a solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, e achegou a correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
O 10.7.2024 e o 12.7.2024, en resposta ao requirimento desta dirección xeral do 4.7.2024, a promotora achegou respectivas emendas de documentación.
Examinada a documentación achegada pola promotora, o 16.7.2024 esta dirección xeral efectuou un novo requirimento de documentación, contestado pola promotora o 18.7.2024.
Quinto. O 22.7.2024, esta dirección xeral remitiulle a documentación da solicitude de declaración de utilidade pública da renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda á unidade tramitadora para continuar co procedemento.
Sexto. Polo Acordo do 16 de agosto de 2024 da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto renovación tecnolóxica parque eólico Serra da Panda nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) (expediente IN408A 2024/008).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, ambos do 28.8.2024, e permaneceu exposto ao público nas dependencias da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, así como no portal web da dita consellería. Así mesmo, o dito acordo remitiuse aos concellos afectados, Mañón e Ortigueira, para a súa exposición pública.
Durante o dito período de exposición pública presentáronse diversas alegacións, todas elas contestadas pola promotora.
Sétimo. O 18.9.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu a esta dirección xeral o certificado de aproveitamentos de masas forestais relativo ao parque eólico Serra da Panda, emitido polo Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural o 13.9.2024, e no que se indica que o proxecto afecta a:
– Monte Veciñal en Man Común Coriscada e Vilariño, pertencente a CMVMC da Parroquia de Mañón.
– Monte de utilidade pública Carabelote, pertencente ao Concello de Ortigueira.
Oitavo. O 9.12.2024 o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático remitiu o expediente á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, para continuar coa tramitación do procedemento.
Noveno. O 13.1.2025 a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados (RBDA), actualizada de acordo co proxecto achegado pola promotora o 16.12.2024, resultante dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos que emitiron informe durante a tramitación do expediente.
O 11.3.2025, en resposta ao requirimento desta dirección xeral do 3.3.2025, a promotora achegou documentación complementaria.
Nesta RBDA actualizada recóllense cambios de afeccións sobre algunhas parcelas incluídas no documento que se someteu a información pública. Esta dirección xeral notificoulles ás persoas interesadas os mencionados cambios, outorgándolles un prazo de 30 días para que puidesen examinar o expediente e formular as alegacións que considerasen oportunas.
Décimo. O 23.1.2025 o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu informe en que se conclúe que «Consultados os datos ao dispor na Sección de Minas deste departamento territorial, non se poñen de manifesto coincidencias xeográficas entre as instalacións descritas no «SHP» do proxecto indicado e dereitos mineiros desta provincia».
Décimo primeiro. O 13.2.2025 o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu informe sobre o proxecto de execución refundido da renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, achegado pola promotora o 16.12.2024, en que se recolle ademais que «Na RBDA non se apreciaron limitacións a servidumes ás cales se fai referencia no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro».
Décimo segundo. Por Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento parcial das instalacións actuais do parque eólico Serra da Panda, e as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico (DOG núm. 45, do 6 de marzo).
Décimo terceiro. O 19.3.2025, en aplicación do disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, esta dirección xeral acordou a apertura do trámite de audiencia aos titulares dos aproveitamentos forestais recollidos no certificado emitido polo Servizo de Montes da Coruña, recollido no antecedente de feito sétimo, outorgándolles un prazo de 15 días para que puidesen alegar e presentar os documentos e xustificacións que considerasen pertinentes.
Transcorrido o prazo indicado, non consta nesta dirección xeral ningunha alegación.
Décimo cuarto. O 16.4.2025, en conformidade co apartado 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e concluído o trámite de audiencia mencionado no antecedente de feito décimo terceiro sen recibirse ningunha alegación, esta dirección xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico.
Décimo quinto. O 6.5.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle a esta dirección xeral o informe emitido polo Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural nesa mesma data, en relación coa compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Serra da Panda (IN408A/2024/008), no que se conclúe:
«...
Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do proxecto co aproveitamento forestal condicionada a que previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais respecto os acordos referidos a actos de disposición e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición e tamén a que se cumpra o establecido no artigo 40.1 e no artigo 37.5 da Lei 7/2012, de montes de Galicia».
O 9.5.2025 se lle remitiu o mencionado informe á promotora, que na mesma data comunicou que aceptaba o seu contido.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Cuarto En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
No caso de alegacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, aos efectos previstos no artigo 52, apartado 3, da Lei de expropiación forzosa.
No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, e só no caso de que non se chegase a un acordo previo entre o promotor eólico e as persoas afectadas, no procedemento expropiador fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.
Quinto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos aproveitamentos forestais afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o 6.5.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle a esta dirección xeral o informe emitido nesa mesma data polo Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural, e que se extracta a seguir:
«Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do proxecto co aproveitamento forestal condicionada a que previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais respecto os acordos referidos a actos de disposición e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición e tamén a que se cumpra o establecido no artigo 40.1 e no artigo 37.5 da Lei 7/2012, de montes de Galicia».
De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións da renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2024/008), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no anexo deste acordo.
Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos seguintes montes afectados:
– Monte Veciñal en Man Común Coriscada e Vilariño, pertencente a CMVMC da parroquia de Mañón.
– Monte de utilidade pública Carabelote, pertencente ao Concello de Ortigueira.
A presente autorización axustarase ao cumprimento da seguinte condición:
Deberase cumprir co condicionado recollido no informe do 6 de maio de 2025 emitido polo Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural, mencionado no antecedente de feito décimo quinto.
Terceiro. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 148.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda
|
Nº predio |
Titulares |
Datos catastrais |
Lugar |
Uso |
Nº aero |
Afeccións (m2) |
|||||||||
|
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Serv. voo aero |
Serv. voo aero + vieiro +gabia |
Serv. voo aero + vieiro |
Serv. voo aero + gabia |
Oc. Temp. |
|||||||||
|
Nome |
Ref. catastral |
Cim. |
Plat. |
Vieiro |
Gabia |
Vieiro + Gabia |
|||||||||
|
Concello de Mañón (A Coruña) |
|||||||||||||||
|
1 |
Victorino Peña Gómez |
15045A02600113 |
Campo Rego |
Prado |
|
0 |
0 |
677 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
352 |
|
María Novo Rego |
|||||||||||||||
|
2 |
Concello de Mañón |
15045A02600114 |
Caión |
Prado |
|
0 |
0 |
384 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
172 |
|
3 |
Victorino Peña Gómez |
15045A02600129 |
Leira dos Muros |
Prado |
|
0 |
0 |
82 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
104 |
|
María Novo Rego |
|||||||||||||||
|
4 |
Concello de Mañón |
15045A02600111 |
Caión |
Labor |
|
0 |
0 |
72 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
108 |
|
6 |
Concello de Mañón |
15045A02600732 |
Carranco |
Matogueira |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6.648 |
|
CMVMC Sta. M. Mañón |
|||||||||||||||
|
8 |
Concello de Mañón |
15045A02600874 |
Comunal de Mañón |
Matogueira |
|
0 |
0 |
0 |
115 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
66 |
|
CMVMC Sta. M. Mañón |
|||||||||||||||
|
9 |
Concello de Mañón |
15045A02600762 |
Carranco |
Matogueira- Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
6.899 |
767 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
4.660 |
|
CMVMC Sta. M. Mañón |
|||||||||||||||
|
11 |
Concello de Mañón |
15045A02600863 |
Carranco |
Matogueira |
|
0 |
0 |
456 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
199 |
|
CMVMC Sta. M. Mañón |
|||||||||||||||
|
Concello de Ortigueira (A Coruña) |
|||||||||||||||
|
14 |
Concello de Ortigueira |
15062A03300112 |
Monte Carabelote |
Pastos - Piñeiral madeirable |
SP7.2 SP7.3 |
567 |
8.466 |
12.774 |
8.543 |
134 |
14.762 |
0 |
757 |
902 |
11.240 |
|
17 |
Concello de Ortigueira |
15062A02800001 |
Monte Carabelote |
Matogueira - Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
350 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
293 |
|
18 |
Concello de Ortigueira |
15062A02800125 |
Monte Carabelote |
Matogueira - Piñeiral madeirable |
SP7.1 |
284 |
4.839 |
4.652 |
52 |
0 |
3.667 |
0 |
130 |
52 |
3.490 |
|
19 |
María Esther Prieto Río |
15062A02800472 |
Sobor dos Campos |
Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
21 |
|
20 |
María Amparo Ubaldina Peña González |
15062A02800473 |
Sobor dos Campos |
Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
42 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
56 |
|
21 |
Bautista Pena Pena |
15062A02800474 |
Sobor dos Campos |
Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
70 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
75 |
|
22 |
María Otilia González Bouza |
15062A02800506 |
O Ferro do Arado |
Piñeiral madeirable |
|
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
26 |
Afeccións do parque eólico en metros cadrados (m2):
– Superficie de pleno dominio:
– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.
– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.
– Servidume de paso:
– Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade da largura de canalización.
– Vieiro+Gabia: as afeccións solapadas deben restarse das individualizadas.
– Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. Voo). Servidume definida pola superficie de varredura das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de que existan, as afeccións solapadas (Serv. Voo Aero+Vieiro+Gabia, Serv. Voo Aero+Vieiro, Serv. Voo Aero+Gabia) que se indican na súa propia columna.
– Outras afeccións:
– Ocupación temporal (Oc. Temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.
