A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 3 de xuño de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25 (DOG núm. 110, do 11 de xuño), establece no seu artigo 10 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba PEE, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 10 e na disposición derradeira segunda da citada Orde do 3 de xuño de 2025, esta dirección xeral
RESOLVE:
Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba PEE para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
ANEXO
Tribunal
– Titulares:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Vogais:
Manuel Trigás Verdini, inspector de educación.
María Beatriz Plana Galán, inspectora de educación.
Roberto Suárez Jurado, inspector de educación.
Román Latas Calvo, inspector de educación.
Roberto Cid Galante, inspector de educación.
Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de educación.
– Suplentes:
Presidenta: Paula María Carnicero Carrera, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.
Vogais:
Marina Armada Vigo, inspectora de educación.
Ana Clara Álvarez López, inspectora de educación.
Nazaret Rodríguez Rodríguez, inspectora de educación.
Rubén Veloso Carnero, inspector de educación.
María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de educación.
Ruth Rodríguez Pérez, inspectora de educación.
