As áreas empresariais e as infraestruturas de solo empresarial presentan oportunidades de mellora tanto na súa competitividade como na redución de riscos en seguridade ante diversos acontecementos como incendios, inundacións, roubos ou vandalismos, co correspondente prexuízo para as empresas instaladas neles ou que se pretendan implantar. Por outra parte, nos últimos anos están a xurdir certificacións, selos ou marcas de calidade dirixidas ás áreas empresariais para aquelas que acreditan unha axeitada xestión das infraestruturas, ou que estas teñan características superiores ás estándar nalgúns ámbitos, como os seus servizos comúns, a súa seguridade, accesibilidade ou xestión enerxética, entre outros, e, todo iso, buscando que isto supoña un valor engadido para a área empresarial.
Co fin de contribuír na mellora dos servizos ofrecidos ás empresas implantadas nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia e, consecuentemente, mellorar o ecosistema en que desenvolven a súa actividade, a Consellería de Economía e Industria considera conveniente promover a mellora da súa seguridade, da competitividade, así como a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade, co fin de garantir un óptimo uso dos recursos e promover áreas empresariais máis eficientes, onde se ofrezan espazos óptimos para a creación e mantemento de empresas, para o que promove un programa de axudas no ano 2025 dirixido a colaborar coas asociacións de empresarios, as entidades de conservación de áreas empresariais e as comunidades de propietarios de áreas empresariais, no desenvolvemento das ditas actuacións.
De acordo co capítulo VI do título II da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, a Administración galega desenvolverá programas específicos que inclúan, entre outras medidas, liñas de axuda e de financiamento dando prioridade ás entidades ou persoas emprendedoras que se establezan en municipios de menos de dez mil habitantes. De acordo con isto, e co obxecto de promover a implantación de novas empresas nestes municipios, a presente orde primará cunha maior puntuación as solicitudes que teñan por obxecto áreas empresariais localizadas en municipios de menos de 10.000 habitantes.
Este programa enmárcase dentro da política de acceso ao solo da Xunta de Galicia para impulsar o crecemento industrial e a atracción de empresas; ao ofrecer espazos máis seguros, máis eficientes e máis sustentables para a cidadanía e as empresas.
O desenvolvemento desta orde axustarase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
En virtude do exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria, dirixidas ás asociacións de empresarios, ás entidades de conservación de áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia e ás comunidades de propietarios de áreas empresariais, incluídas no programa de axudas encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e á obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais, que se inclúen como anexo I a esta orde.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións conforme as bases reguladoras aprobadas nesta orde para o ano 2025.
3. Este procedemento administrativo ten asignado o código IN519E.
Artigo 2. Crédito orzamentario
1. As subvencións outórganse con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.732-A 781.0, proxecto contable 2016-00086, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 e 2026, de acordo coa seguinte distribución:
|
Aplicación |
Denominación |
2025 |
2026 |
Total (€) |
|
09.03.732-A 781.0 |
Melloras dos sistemas de seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia |
205.581,51 € |
822.326,02 € |
1.027.907,53 € |
2. Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado:
a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.
b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
3. O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
4. Nestes casos, publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
Artigo 3. Solicitudes
Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse a solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.
Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco (5) meses.
Artigo 6. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá aos solicitantes os avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital, os solicitantes deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polos solicitantes da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 7. Base de datos nacional de subvencións
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
Artigo 8. Información aos interesados
1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519E, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a través dos seguintes medios:
a. Páxina web oficial da consellería (https://economia.xunta.gal).
b. Nos teléfonos 981 95 71 87 ou 981 54 55 72, de servizos centrais.
c. Presencialmente.
2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 981 90 06 43).
3. Guía de procedemento e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos) onde se recolle a información sobre este procedemento (código de procedemento: IN519E).
Disposición derradeira primeira. Habilitación
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria
ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia
Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións
1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto a mellora da seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Nas actuacións dirixidas a mellorar a seguridade das áreas empresariais, financiaranse investimentos dirixidos á implantación daqueles sistemas e equipamentos que permitan reducir os riscos de danos aos bens, persoas ou ao ambiente, entre os que se atopan os elementos dos sistemas de seguridade contra incendios, sistemas contra inundacións, dispositivos que permitan reducir os riscos de accidentes, sistemas de vixilancia ou os sistemas de control de accesos, entre outros.
Pola súa parte, as actuacións relativas á competitividade incluirán aqueles sistemas ou equipamentos de uso común que melloren o desenvolvemento da actividade industrial na área empresarial. Por último, a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia incluirán aqueles custos de asesoramento ou materiais que permitan que as áreas empresariais obteñan selos ou marcas de calidade que permitan identificar a área con características diferenciais, superiores á media, en distintos ámbitos.
As actuacións obxecto destas subvencións permitirán mellorar a xestión das áreas empresariais da Comunidade Autónoma, contribuíndo a que as empresas poidan dispoñer de condicións máis seguras, sustentables e competitivas.
2. Os proxectos que se van subvencionar ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo dos anos 2025 e 2026.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
4. Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE núm. 2831, do 15 de decembro). Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 euros durante o período dos tres anos previos. Para o cómputo do límite deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831.
Artigo 2. Beneficiarios
1. Os beneficiarios das axudas serán as asociacións de empresarios, as entidades de conservación de áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia recollidas no capítulo II do título V de Xestión e conservación das áreas empresariais da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia e as comunidades de propietarios de áreas empresariais que realicen investimentos, dentro do seu ámbito territorial, de acordo co obxecto desta orde, para a mellora dos sistemas de seguridade, da competitividade e para a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais existentes ou en desenvolvemento no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
Artigo 3. Actuacións e gastos subvencionables
1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:
a) Instalacións comúns de equipamentos e sistemas de protección destinados á loita contraincendios dentro da área empresarial, incluídos no anexo I do Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios, ou norma que o substitúa, así como todos aqueles que, sen estar incluídos no dito anexo, reduzan o risco de incendio ou minoren os seus efectos, en caso de aparición.
b) Sistemas e equipamentos que permitan reducir o risco de accidentes na área empresarial, excepto no relacionado directamente coa circulación viaria.
c) Sistemas e equipamentos que permitan reducir o risco de inundacións na área empresarial, excepto no relacionado co saneamento de augas pluviais que afecten directamente as infraestruturas viarias.
d) Sinalización horizontal e vertical, directamente relacionadas coa mellora da seguridade nas áreas comúns da área empresarial, excepto no relacionado directamente coa circulación viaria.
e) Elaboración de plans de emerxencia para a área empresarial.
f) Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia dentro da área empresarial.
g) Instalación de sistemas contra o roubo de cable dentro da área empresarial.
h) Desenvolvemento de actividades de formación e información dirixidas a mellorar a seguridade da área empresarial, excepto no relacionado directamente coa circulación viaria, dirixidas ao persoal que desenvolve os seus servizos na área empresarial.
i) Outros sistemas, equipamentos ou gastos de consultoría ou asesoramento que, en xeral, melloren a seguridade da área empresarial, excepto no relacionado directamente coa circulación viaria, de acordo coa valoración realizada pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12 destas bases.
j) Outros sistemas ou equipamentos de uso común que, en xeral, melloren o desenvolvemento da actividade industrial/comercial da área empresarial, excepto instalacións industriais.
k) Obtención de certificacións, selos e marcas que acrediten a calidade da área empresarial, tanto no ámbito do seu desenvolvemento urbanístico coma na xestión destes, e que poderán avaliar as súas características en distintos ámbitos (accesibilidade, calidade das infraestruturas, seguridade, servizos comúns ofrecidos, xestión enerxética, sustentabilidade, conectividade, etc.). Os certificados, selos ou marcas deberán ser recoñecidos a nivel nacional ou internacional, e ter como destinatarias especificamente as áreas empresariais.
Ao abeiro desta liña, serán gastos subvencionables os gastos de asesoramento externo para a implantación da certificación, selo ou marca, a realización de auditorías previas á súa implantación e, de ser o caso, o custo da certificación ou obtención da marca recoñecida por parte dunha entidade externa acreditada.
2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de xustificación do investimento, co ritmo previsto no artigo 4.5 das bases reguladoras, sen prexuízo do establecido no artigo 16.3, e consonte o disposto no artigo 21.1 destas bases reguladoras.
3. Non se valorarán, para os efectos de investimento, os gastos que se realicen en pagamento de taxas, licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.
4. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda. Por conseguinte, no caso do imposto sobre o valor engadido (IVE) considérase subvencionable cando non sexa recuperable polo solicitante.
5. Tamén son subvencionables os gastos de redacción de proxecto, de dirección de obra e do cartel informativo a que se refire o artigo 19.8 das bases reguladoras.
6. Para ser subvencionables, as actuacións deberán estar finalizadas e en condicións de ser utilizadas, de ser o caso, unha vez finalizado o prazo de xustificación, sen prexuízo dos permisos, licenzas ou autorizacións que puidesen precisar. No caso concreto da liña destinada á obtención dos certificados, selos ou marcas de calidade, ao remate do período de execución, a implantación deberá estar, polo menos, na fase de certificación.
7. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.
Artigo 4. Financiamento
1. As axudas reguladas por esta orde teñen a natureza xurídica de subvencións.
2. Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000,00 euros.
3. As intensidades de axuda poderán ser inferiores ás sinaladas no caso de que un grupo de solicitudes valoradas coa mesma puntuación esgoten o crédito dispoñible; neste caso, ratearase o crédito de xeito proporcional aos investimentos subvencionables das solicitudes implicadas.
4. O importe total das axudas de minimis concedidas a un único beneficiario non excederá os 300.000 euros durante o período dos tres anos previos.
5. Para que os beneficiarios poidan obter a totalidade da axuda concedida, os investimentos xustificados para cada anualidade deberán responder á previsión orzamentaria seguinte, sen prexuízo do indicado no artigo 16.3 destas bases:
|
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
|
20 % da axuda total |
80 % da axuda total |
A falta de xustificación dos investimentos, total ou parcial, por parte do beneficiario na anualidade 2025 comportará a perda do dereito do pagamento da axuda que corresponda prevista para a dita anualidade, sen que sexa posible traspasar a contía non xustificada ao ano 2026.
Artigo 5. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas
1. As axudas concedidas en virtude da presente orde serán compatibles con outras axudas para o mesmo fin, sempre e cando o importe das axudas e subvencións en ningún caso sexan de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo da actividade subvencionable.
2. O solicitante deberá declarar as axudas que solicitase ou obtivese, tanto ao iniciarse o expediente administrativo como en calquera momento do procedemento en que isto se produza.
3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
Artigo 6. Solicitude e documentación complementaria
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indique na convocatoria.
2. Admitiranse a trámite, como máximo, unha solicitude por solicitante. A solicitude presentada poderá ter como obxecto unha ou varias das liñas de actuación descritas no artigo 3.1 destas bases, nunha única área empresarial.
As asociacións de empresarios, as entidades de conservación de áreas empresariais e as comunidades de propietarios de áreas empresariais interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
I. Documento actualizado acreditativo da capacidade con que actúa o representante da asociación, da entidade de conservación da área empresarial ou da comunidade de propietarios.
II. Acordo expedido polo representante da asociación, da entidade de conservación ou da comunidade de propietarios, expedido con anterioridade ao prazo de presentación da solicitude, onde se exprese a intención de acometer a actuación obxecto da solicitude de axuda.
III. Relación de empresas que desenvolven de forma activa a súa actividade na área empresarial, indicando nome, NIF e número de inscrición no Rexistro Industrial de Galicia, de ser o caso.
IV. Memoria técnica xustificativa asinada da actuación que se vai desenvolver, onde se identifiquen de xeito inequívoco as tipoloxías de actuación propostas das indicadas no artigo 3.1 das bases. Dentro desta memoria desenvolverase un capítulo específico en relación coa xustificación dos datos necesarios para a avaliación da solicitude, segundo o artigo 13 das bases. Para os efectos da avaliación do punto 1 do antedito artigo 13, cada actuación proposta deberá estar vinculada directamente a unha única tipoloxía de actuación das descritas no artigo 3.1 das bases.
No caso de discrepancias entre os datos desta memoria e os que se reflictan na solicitude normalizada, tomaranse como válidos os da memoria xustificativa.
Xunto coa memoria anterior, no caso de execución de obras ou instalacións que requiran legalmente proxecto para a súa execución ou licenza, deberase presentar este ou un anteproxecto asinado por un técnico competente.
V. Orzamento desagregado e asinado dos gastos.
Con independencia do documento técnico achegado en aplicación do punto 2.IV do presente artigo, o orzamento deberá estar desagregado a nivel de partidas e indicarase para cada unha delas medición, prezo unitario e importe. Tanto a desagregación como a descrición das partidas deberá permitir coñecer de maneira inequívoca o alcance e contido das actuacións, co fin de que o órgano instrutor poida determinar se estas son subvencionables.
VI. No caso de actuacións que impliquen a instalación de sistemas ou equipamentos, planos da actuación a escala axeitada, incluíndo un plano onde se representen os límites da área empresarial e o conxunto das actuacións.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algún dos solicitantes presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Os solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas polo solicitante, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que os solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 8. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o solicitante se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria (AEAT).
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
g) Consulta de concesións de subvención e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que os solicitantes se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do solicitante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar a presentación dos documentos correspondentes aos solicitantes.
Artigo 9. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 10. Órgano competente
A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión de subvencións, correspondendo á persoa titular da Consellería de Economía e Industria ditar a resolución da concesión.
Artigo 11. Instrución dos procedementos
1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.
A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), producindo os mesmos efectos que a notificación individualizada.
2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.
4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.
Artigo 12. Comisión de Valoración
1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no artigo seguinte.
2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:
a. Presidente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial, ou persoa na que delegue.
b. Vogais: as persoas responsables de cada un dos departamentos territoriais da Consellería de Economía e Industria, ou unha persoa funcionaria por elas designada.
c. Secretaría: a persoa titular do Servizo de Administración Industrial-Segapi, ou unha persoa funcionaria designada pola persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
d. Poderá estar asistida polo persoal técnico que se considere necesario.
Na relación valorada de solicitudes figurará a avaliación que lle corresponde a cada proxecto, segundo os criterios recollidos no artigo seguinte.
Artigo 13. Criterios de valoración
Os proxectos que se presenten serán técnica e economicamente viables, ademais o procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva, establecéndose os seguintes criterios de valoración das solicitudes:
1. Impacto das tipoloxías de actuación no desenvolvemento e mellora da área empresarial (ata un máximo de 85 puntos):
a. Instalacións comúns de equipos e sistemas de protección destinados á loita contraincendios dentro da área empresarial: 20 puntos.
b. Sistemas e equipamentos que permitan reducir o risco de accidentes na área empresarial: 10 puntos.
c. Sistemas e equipamentos que permitan reducir o risco de inundacións na área empresarial: 10 puntos.
d. Sinalización horizontal e vertical, directamente relacionadas coa mellora da seguridade nas áreas comúns da área empresarial: 2,5 puntos.
e. Elaboración de plans de emerxencia para a área empresarial: 5 puntos.
f. Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia dentro da área empresarial: 5 puntos.
g. Instalación de sistemas contra o roubo de cable dentro da área empresarial: 5 puntos.
h. Desenvolvemento de actividades de formación e información dirixidas a mellorar a seguridade da área empresarial: 2,5 puntos.
i. Outros sistemas, equipamentos ou gastos de consultoría ou asesoramento que, en xeral, melloren a seguridade da área empresarial: 2,5 puntos.
j. Outros sistemas ou equipamentos de uso común que, en xeral, melloren o desenvolvemento da actividade industrial/comercial da área empresarial, excepto instalacións industriais: 2,5 puntos.
k. Obtención de certificacións, selos e marcas que acrediten a calidade da área empresarial: 20 puntos.
2. Contribución ao desenvolvemento económico e social do municipio no que está localizada a área empresarial (ata un máximo de 10 puntos):
• Área empresarial situada nun municipio cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes: 10 puntos.
• Área empresarial situada nun municipio cunha poboación superior a 10.000 habitantes e igual ou inferior a 20.000 habitantes: 5 puntos.
• Área empresarial situada nun municipio cunha poboación superior a 20.000 habitantes: 2 puntos.
Para as cifras de poboación dos municipios tomaranse os valores máis recentes que figuren publicados na web do Instituto Galego de Estatística (IGE).
3. Custo subvencionable da solicitude. Valorarase o custo subvencionable en relación cos custos subvencionables das solicitudes admitidas para a súa valoración (máximo 6 puntos). A asignación de puntos farase do seguinte modo: a solicitude co maior custo subvencionable será valorada coa máxima puntuación (6 puntos) e a de menor custo con cero puntos (0 puntos); as solicitudes de custo intermedio valoraranse linealmente tendo como extremos os valores máximos e mínimos anteriores.
4. No relativo aos riscos inherentes aos accidentes graves na área empresarial: número de establecementos de nivel superior e inferior na área empresarial segundo se definen no Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas. Cada establecemento de nivel superior contará como 5 establecementos de nivel inferior (máximo 10 puntos). A asignación de puntos realizarase do seguinte modo: a solicitude co maior valor será valorada coa máxima puntuación (10 puntos) e a de menor valor, con cero puntos; as solicitudes con valores intermedios valoraranse linealmente tendo como extremos os valores máximos e mínimos anteriores.
5. Solicitude presentada por unha entidade de conservación, xestión e modernización de áreas empresariais, consonte a sección 2ª do capítulo II do título V da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia (10 puntos).
Para todos os criterios anteriores, avaliaranse con cero puntos (0 puntos) aquelas epígrafes que non queden xustificadas adecuadamente coa documentación presentada. No caso particular da epígrafe 1, avaliarase con cero puntos (0 puntos) cada unha das tipoloxías de actuación que non queden identificadas de xeito inequívoco, cando a actuación proposta se vincule a máis dunha tipoloxía das recollidas no artigo 3.1 das bases, ou naqueles casos en que non quede detallada con claridade a actuación proposta.
No caso de empates na puntuación, terán preferencia os proxectos presentados segundo a seguinte orde: 1º) solicitudes con maior puntuación na epígrafe 1 dos criterios, 2º) solicitudes presentadas en que a área empresarial estea situada nun municipio con menor número de habitantes e 3º) menor custo subvencionable do proxecto. No caso de persistir o empate, a orde de prelación será a de presentación no rexistro de entrada.
Artigo 14. Audiencia
1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire a epígrafe anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.
Artigo 15. Resolución e notificación
Á vista da relación valorada das solicitudes e da relación de expedientes que derive do disposto no artigo 11.4 e, unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor emitirá a proposta de resolución que elevará á Consellería de Economía e Industria.
2. Para os expedientes que, formando parte da listaxe de valoración, non resulten propostos para o seu financiamento por esgotamento do crédito dispoñible, proporanse para a súa incorporación nunha listaxe de espera para seren atendidos, ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co posible incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo. Non obstante, non se concederán axudas posteriormente ao 30 de setembro de 2026, data en que a listaxe de espera perderá os seus efectos.
3. A persoa titular da Consellería Economía e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona, o seu custo, a porcentaxe e a contía da subvención concedida. Así mesmo, indicarase o carácter de minimis da subvención, facendo referencia ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. No caso de denegación ou inadmisión da solicitude de subvención, a resolución recollerá a causa de denegación ou inadmisión.
4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, que se contará a partir do seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
5. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 da Lei 39/2015, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e no taboleiro de anuncios da Consellería Economía e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios a que consulten información detallada da resolución no taboleiro de anuncios antes citado.
As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas de desestimación. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que os non beneficiarios consulten a información detallada da súa resolución no taboleiro da Consellería Economía e Industria.
Artigo 16. Modificación da resolución
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Poderase acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria, debendo cumprirse os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Con data límite do 30 de setembro de 2025, os beneficiarios poderán solicitar ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial unha modificación da resolución de concesión da axuda, consistente no adianto do ritmo previsto no artigo 4.5 destas bases para a xustificación dos investimentos, para o caso de que estea en disposición de xustificar os seus investimentos con antelación á dita previsión. Esta modificación non suporá en ningún caso a concesión dunha axuda global superior á inicialmente concedida, senón un incremento na axuda correspondente á anualidade 2025, e unha diminución na mesma contía na axuda correspondente á anualidade 2026. Analizada a solicitude e a dispoñibilidade de crédito orzamentario da partida correspondente, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial elevará á persoa titular da Consellería de Economía e Industria a proposta de resolución que corresponda, que poderá ser estimatoria ou parcialmente estimatoria, modificando as anualidades orzamentarias da axuda concedida, ou denegatoria, mantendo neste caso as anualidades das axudas inicialmente establecidas.
Pola contra, e tal como se establece no artigo 4.5 destas bases, non será posible modificar as anualidades das axudas que supoñan atrasos con respecto ao ritmo inicialmente previsto, e que, polo tanto, supoña un incremento da axuda na anualidade 2026.
4. Para calquera outra solicitude de modificación da resolución distinta da indicada no número anterior, a modificación debe solicitarse cunha antelación mínima dun mes á data de finalización do prazo de realización da actuación subvencionable.
5. Cando a modificación da resolución proposta afecte un cambio de tipoloxía no proxecto considerarase que se alteran as condicións tidas en conta para a concesión da axuda. Neste caso, a modificación non será autorizada.
Artigo 17. Réxime de recursos
As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería Economía e Industria, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou, se non for expresa, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.
2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses que se contarán a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Artigo 18. Renuncia
A renuncia á subvención poderase facer de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015.
Artigo 19. Obrigas dos beneficiarios
O beneficiario da subvención queda obrigado a:
1. Executar a actuación que fundamente a concesión da subvención.
2. Xustificar ante o órgano concedente a realización da actividade, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión e o goce da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As infraestruturas subvencionadas deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o que se concedeu a subvención tal como recolle o artigo 31.4.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora legalmente establecido desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 24 das bases reguladoras.
4. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
5. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
6. Garantir o cumprimento da normativa de axudas do Estado no que atinxe ao destino que se lle dea ás infraestruturas obxecto das subvencións.
7. Subministrar toda a información necesaria para que a consellería poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.
8. Dar publicidade do cofinanciamento da Consellería de Economía e Industria dos investimentos realizados consistente na colocación dun cartel informativo consonte ao modelo do anexo IV, durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento, cando a actuación teña por obxecto unha ou varias das seguintes tipoloxías de actuación descritas no artigo 3 das bases reguladoras: tipoloxías 3.1.a), 3.1.b), 3.1.c), 3.1.d), 3.1.f), 3.1.g), 3.1.i) agás que a actuación sexa unicamente de consultoría ou asesoramento, 3.1.j) e 3.1.k). No resto de casos, a obriga da publicidade deberá realizarse coa inclusión da marca Consellería de Economía e Industria en folletos, materiais impresos, medios electrónicos (incluída páxinas web, de ser o caso), convocatorias e difusións de eventos, así como en calquera outro medio físico ou dixital que teñan relación directa coas actuacións obxecto da axuda.
Artigo 20. Subcontratación polos beneficiarios das actividades subvencionadas
Permítese a subcontratación total ou parcial ata o 100 % das actuacións, estando suxeita ao disposto no artigo 27 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ao disposto no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 21. Xustificación da subvención
1. Para cobrar a subvención, os beneficiarios terán os seguintes prazos para presentar a documentación xustificativa da subvención:
• Ata o 31 de outubro de 2025 para os investimentos realizados ata a dita data, para solicitar o pagamento da contía de subvención concedida con cargo á anualidade de 2025.
• Ata o 31 de outubro de 2026 para os investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026, para solicitar o pagamento da contía de subvención concedida con cargo á anualidade de 2026.
De acordo co establecido nos artigos 4.5 e 16.3 destas bases reguladoras, a falta de xustificación total ou parcial dos investimentos correspondentes á anualidade do ano 2025 implicará a perda da axuda da dita anualidade, na contía que corresponda, sen que sexa posible trasladar ningunha contía da axuda da anualidade 2025 á anualidade 2026.
A documentación xustificativa da subvención deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá do solicitante, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, e, para ambas anualidades, será a seguinte:
I. Certificación expedida polo representante da asociación de empresarios, da entidade de conservación ou da comunidade de propietarios, relativa á aprobación da conta xustificativa da subvención en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:
a) O cumprimento da finalidade da subvención.
b) Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de pagamento.
II. Facturas orixinais das actuacións realizadas. Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegar unha copia auténtica electrónica da factura orixinal en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa reguladora do procedemento administrativo común.
III. Xustificante de pagamento das facturas mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre a da data de inicio e a data límite da xustificación. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
IV. Certificación de obra cando se trate dun contrato de obras ou, no resto de contratos, incluído os formalizados para a obtención de certificados, selos ou marcas de calidade, documento equivalente coa desagregación da actuación realizada (indicando concepto, unidades e prezos unitarios).
V. Certificación expedida polo representante da asociación de empresarios, da entidade de conservación ou da comunidade de propietarios, onde se sinale se o IVE subvencionado é recuperable, ou non, por parte do beneficiario.
VI. Proxecto de execución. No caso de non dispoñer deste por tratarse dunha actuación que non o requira legalmente, achegarase a documentación que serviu de base para levar a cabo a actuación. No caso da liña de actuación destinada á obtención dun certificado, selo ou marca de calidade, ou actuacións de consultoría ou asesoramento, achegarase a oferta aceptada, ou documento equivalente, onde conste o detalle das actuacións proxectadas.
VII. Informe técnico en que se describa a realización total do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativas na súa execución, asinado por persoal técnico. Naqueles casos en que unicamente se solicite a liña correspondente á obtención dun certificado, selo ou marca de calidade ou axudas para gastos de consultoría ou asesoramento, achegarase informe expedido polo representante da asociación de empresarios, da entidade de conservación ou da comunidade de propietarios, onde se informe sobre as actuacións acometidas e os datos e incidencias máis significativas durante a súa execución.
VIII. No caso das tipoloxías descritas no artigo 19.8 das bases reguladoras en que sexa preciso a colocación dun cartel informativo, e unha vez xustificada a actuación na súa totalidade, fotografía do dito cartel.
No caso das tipoloxías descritas no artigo 19.8 das bases reguladoras en que non sexa preciso a colocación dun cartel informativo, achegarase copia dos folletos, materiais impresos, acreditación das convocatorias e difusións de eventos realizados, ou de calquera outro medio físico ou dixital que teñan relación directa coa actuacións obxecto da axuda, que acrediten a actuación realizada e onde figure a marca da Consellería de Economía e Industria.
IX. Anexo III: declaración actualizada do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.
2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a persoa beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.
3. Os órganos competentes da Consellería Economía e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non fosen remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, entenderase que renuncia á subvención.
Artigo 22. Pagamento e anticipos
1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.
2. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda respecto ao custo total do investimento.
3. Poderán realizarse pagamentos anticipados das subvencións reguladas por estas bases, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.
Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados pola persoa beneficiaria, de ser o caso, logo da notificación ou publicación da resolución de concesión, e quedarán suxeitos ás seguintes condicións:
a) Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
b) Os solicitantes deberán constituír unha garantía segundo o establecido na letra b) do artigo 65.1 e no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de acordo coa Orde do 23 de maio de 2008 pola que se regulan os procedementos para a presentación de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, e para a súa devolución, empregando medios electrónicos. No caso de que o solicitante estea exonerado da constitución da garantía, segundo o establecido no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, deberase achegar un certificado acreditando o dito punto.
c) O beneficiario deberá achegar coa solicitude de anticipo:
• A xustificación da constitución da garantía establecida na Orde do 23 de maio de 2008 pola que se regulan os procedementos para a presentación de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, e para a súa devolución, empregando medios electrónicos. No caso de estar exonerado, certificado onde se recolla esta situación.
• A declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía (anexo III).
Artigo 23. Comprobación de subvencións
1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.
2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.
Artigo 24. Incumprimentos, reintegros e sancións
1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
2. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial poderá apreciar un incumprimento parcial, polo que deberá propoñer a resolución sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, de ser o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:
a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos de base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo, de ser o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.
b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida de acordo coa seguinte graduación:
1º. Non comunicar á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actuacións subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, suporá a perda dun 5 % da subvención unha vez recalculada e descontando o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.
2º. Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto de acordo co establecido no artigo 19.8 destas bases, así como non axustarse ás dimensións mínimas e/ou materiais recollidos no anexo IV no caso do cartel informativo, suporá a perda dun 5 % da subvención concedida.
3. Incumprimento total, coa revogación da axuda concedida e reintegro, se é o caso, das cantidades percibidas, nos seguintes casos:
– Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.
– Cando non se xustifique ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.
– Cando non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
4. Para facer efectiva a devolución a que se refiren os puntos anteriores tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 25. Control
1. A Consellería de Economía e Industria poderá facer as actividades de control que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.
2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas ao labor interventor e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 26. Remisión normativa
Para todo o non disposto nestas bases observarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
