Mediante a Resolución do 27 de maio de 2025, a alcaldesa do Concello de Mos procedeu á aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución da obra de humanización da estrada Pereiras-Tameiga, asinado pola arquitecta Patricia Nespereira Sáez.
De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por período mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia para que calquera persoa interesada formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O que se fai público para os efectos indicados, e infórmase que contra a resolución, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do dereito á formulación das alegacións que se consideren pertinentes.
O proxecto inicialmente aprobado estará ao dispor das persoa interesadas nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, así como na seguinte ligazón:
https://concellomos-my.sharepoint.com/:f:/g/personal/documentacion_concellomos_es/EoBvGwrS8olLsbsXIDCjo7MBsjG6xzwsdWi2F8k8owJUbQ?e=Q40ISv
Mos, 30 de maio de 2025
Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa
