A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante a Resolución do 16 de abril de 2025 nomeou funcionario/a de carreira deste concello a:
– Raúl Búa Iglesias, con DNI ***8201**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a en medio ambiente da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP do ano 2022.
O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente consonte a dereito.
Pontevedra, 6 de maio de 2025
O alcalde
P.D. (Acuerdo da Xunta de Gobierno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
