A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante resolucións do 16 de abril de 2025 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:
– Carlos Fernández Villar, con DNI ***9664**, para ocupar unha praza de técnico/a superior en enxeñaría informática da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Luis Villaverde Patiño, con DNI ***8202**, para ocupar unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– María Consuelo Pazo Durán, con DNI ***0719**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Beatriz Elena Souto Acuña, con DNI ***2052**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Beatriz Berea González, con DNI ***7691**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Isabel Cabrera Tilve, con DNI ***8322**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente con arranxo a dereito.
Pontevedra, 6 de maio de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
