DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO de aprobación da modificación por ampliación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal (Lei 20/2021, do 28 de decembro).

Mediante o Decreto da Alcaldía nº 2025-0123, do 24.5.2025 resolveuse aprobar a modificación do Decreto da Alcaldía nº 2022-0203, do 20.5.2025 por ampliación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal conforme a Lei 20/2021, do 28 de decembro, engadindo as seguintes prazas/postos:

Denominación

Categoría

Nº de prazas

Sistema de acceso

Observacións

Xerocultor/a

IV

4

Concurso-oposición

Artigo 2.4 da Lei 20/2021

Xornada completa

Cociñeiro/a

III

1

Concurso-oposición

Artigo 2.4 da Lei 20/2021

Xornada completa

Arquitecto/a

I

1

Concurso

Disposición adicional 6ª e 8ª da Lei 20/2021

Por Sentenza

Auxiliar axuda a domicilio

V

1

Concurso

Disposición adicional 6ª e 8ª da Lei 20/2021

Por Sentenza

O que se fai público para coñecemento xeral.

Contra este acto administrativo que é definitivo en vía administrativa poden as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición nun prazo dun mes de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativo. Se optase pola interposición de recurso potestativo de reposición non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel non sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio, sen prexuízo de que poida interpoñer outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Xunqueira de Ambía, 26 de maio de 2025

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde