DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de maio de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado Vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda. Enlace completo co polígono de Areas. Punto quilométrico (p.q.) 0+630, de clave PO/24/012.01.1; así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 27 de maio de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado: VAC Tui-A Guarda. Enlace completo co polígono de Areas. p.q. 0+630, de clave PO/24/012.01.1, no concello de Tui (Pontevedra); para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na casa do Concello de Tui; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

VAC Tui-A Guarda. Enlace completo co polígono de Areas. p.q. 0+630

Clave PO/24/012.01.1

Concello de Tui.

Referencia
catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación

1

36055A08100608

81

608

Luis González Alonso

***3961**

Rural

209

2

36055A08100609

81

609

María del Carmen Alonso Romero (hrdos.)

***3327**

Rural

327

3

36055A08100610

81

610

Servando Freiria Pérez

---

Rural

342

4

36055A08100611

81

611

María Ángela Pérez Gándara

***3982**

Rural

177

5

36055A08100613

81

613

Josefina Gómez González

***4879**

Rural

35,00

6

36055A08100701

81

701

Adelina Rodríguez González (hrdos.)

***3456**

Rural

28

7

36055A08100702

81

702

Francisco Diz González

---

Rural

10

8

36055A07500435

75

435

Santiago Pérez Cerviño

***3048**

Rural

268,00

9

36055A07500436

75

436

Guillermo Domínguez Barreiro (hrdos.)

***0009**

Rural

8

10

36055A07500451

75

451

José Ángel Martínez González

---

Rural

5,00

11

36055A07500686

75

686

José Ángel Martínez González

---

Rural

15

12

36055A07500448

75

448

Jesús García Filgueiras

---

Rural

64

13

36055A07500447

75

447

Josefina Gómez González

---

Rural

46

14

36055A07500443

75

443

Francisco Diz González

---

Rural

33

15

7644101NG2574S

Concello de Tui

P3605500B

Urbanizado

770

16

36055A07500432

75

432

Juan Manuel Pérez Cerviño

***3093**

Rural

36

17

7945101NG2574N

Concello de Tui

P3605500B

Urbanizado

53