De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PO/371/2024.
Sendo o/os interesado/s, descoñecido/s ao abeiro do disposto no artigo 44 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, o dito emprazamento de trámite de audiencia por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado ou interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado ou interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado ou interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
