DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de San Sadurniño (expediente DH.A15.97288).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Nagrinho, S.L. B16976573.

Volume total anual: 103.556 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 7,93 l/s.

Orixe: río Grande de Xubia x= 576807; y= 4820824; (ETRS-89, fuso 29) e referencia catastral 5077A504100070000YB.

Destino: rega por goteo para cultivo de arandos.

Parroquia: San Sadurniño.

Concello: San Sadurniño (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

A auga cáptase do río Grande de Xubia a través dun pozo, a uns 5,70 metros deste, que leva a auga ata un equipo de bombeo aloxado nunha caseta que impulsa as augas ata unha balsa de 17.328 m3. Regaranse unhas 52 ha a través dun sistema de rega para goteo para o cultivo de arandos en distintas parcelas nos lugares de Bastida, Prospes, Riveira Pequena, Fraga de Felga, Riveira e Montaboi, no concello de San Sadurniño.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 10 de xuño de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte