O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre a comunidade de montes veciñais en man común (CMVMC) de Chaín (Gondomar) con propietarios particulares, con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 29.9.2022 ten entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, unha proposta de deslindamento da CMVMC de Chaín, no concello de Gondomar, e a propiedade dos seguintes particulares: Antonio Germán Martínez Rodríguez, Esteban Peláez Domínguez e Enrique Romaní Tobío. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DP22006.
Segundo. O 3.5.2024 o Servizo de Montes emite un informe favorable ao deslindamento provisional.
Terceiro. O 14.6.2024 publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio do 28.5.2024, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da CMVMC de Chaín. Nesa mesma data enviouse para a súa publicación na web do Medio Rural e o 17.6.2024 ao concello de Gondomar para a súa publicación no seu taboleiro.
Cuarto. O 2.8.2024 recíbese un certificado do Concello de Gondomar sobre a exposición do anuncio deste deslindamento durante 30 días, desde o 2.7.2024 ata o 2.8.2024, no taboleiro da sede electrónica do concello.
Quinto. O 16.10.2024 recíbese un escrito da CMVMC de Chaín que presenta a acta de apeo e o acto conciliatorio só con Antonio Germán Martínez Rodríguez e Esteban Peláez Domínguez, polo que se modifica a solicitude de deslindamento no referente á liña deslindada con Enrique Romaní Tobío, correspondente cos puntos M66B-PS09-M67, por non presentar nin acta de apeo nin conciliación.
Sexto. O 6.11.2024 recíbese un novo informe técnico de abril de 2024, a cartografía dixital e IVG, ademais do certificado da comunidade da non existencia de alegacións transcorrido o mes de publicación e de ratificación da liña de deslindamento.
Sétimo. O 15.11.2024 recíbese un novo IVG co CSV CNVBG38Z6H3J7HGR e a cartografía dixital do esbozo qye recolle o deslindamento.
Oitavo. O procedemento de deslindamento con particulares esta recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG).
No expediente consta a seguinte documentación:
• Informe técnico de setembro de 2022, modificado en abril de 2024, asinado pola enxeñeira técnico forestal co número 740 do COETFOGA.
• Certificado do secretario do 8.4.2024 de aprobación do deslindamento na asemblea do 10.3.20224.
• Planimetría en formato pdf e dixital (shape) da liña e dos puntos levantados en coordenadas UTM (ETRS89).
• Acta de apeo do 13.6.2023 con Antonio Germán Martínez Rodríguez e Esteban Peláez Domínguez.
• Papeleta de conciliación do 26.9.2024 e acta de conciliación no Xulgado de Paz de Gondomar, co número 6/2024 do 15.10.2024 con Antonio Germán Martínez Rodríguez e co número 7/2024 do 14.10.2024 con Esteban Peláez Domínguez.
• Planimetría do esbozo do monte de Chaín que recolle este deslindamento.
• Informe de validación gráfica (IVG) con CSV: CNVBG38Z6H3J7HGR.
Noveno. A liña de deslindamento parcial do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Chaín con ID 2779 no seu lindeiro coas propiedades particulares ten unha lonxitude de 100 m e é a seguinte:
– M65-M66-M66B, en liña recta, de 40 m de lonxitude: no seu lindeiro coa parcela 1634623NG2613S a nome de Antonio Germán Martínez Rodríguez.
– M16-PS01- PS02-PS03- PS04-PS05 (a 23 cm do M17)-PS06 (a 17 cm do M18)-PS07-PS08, en liña recta de 60 m de lonxitude: no seu lindeiro coa parcela 54021A03900482 a nome de Esteban Peláez Domínguez.
Estas dúas liñas veñen dadas polas seguintes coordenadas en UTM (ETRS89):
|
Numero |
X |
Y |
|
M65 |
521691,38 |
4663071,84 |
|
M66 |
521689,72 |
4663086,92 |
|
M66B |
521676,04 |
4663105,60 |
|
Numero |
X |
Y |
|
M16 |
521663,44 |
4663590,98 |
|
PS01 |
521663,41 |
4663591,07 |
|
PS02 |
521665,99 |
4663592,70 |
|
PS03 |
521663,56 |
4663618,05 |
|
PS04 |
521657,47 |
4663624,96 |
|
PS05 |
521655,51 |
4663623,46 |
|
M17 |
521655,34 |
4663623,62 |
|
PS06 |
521647,84 |
4663617,60 |
|
M18 |
521647,88 |
4663617,77 |
|
PS07 |
521646,63 |
4663620,03 |
|
PS08 |
521643,04 |
4663618,94 |
Décimo. O 19.11.2024 o Servizo de Montes, á vista da información antes relacionada e da memoria presentada, informa favorablemente o deslindamento parcial entre a CMVMC de Chaín e os particulares Antonio Germán Martínez Rodríguez e Esteban Peláez Domínguez, xa que se comproba que a liña está apoiada nos muros que os separan, os marcos do antigo monte de U.P. e coincide en gran medida coa cartografía catastral.
A liña de deslindamento vén dada polas coordenadas X e Y (ETRS89 UTM ZONA 29N), reflectidos na memoria topográfica e no punto noveno.
Décimo primeiro. O artigo 54.3 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará unha resolución que aproba o deslindamento e notificarállela ás persoas interesadas. A dita resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Chaín e os particulares Antonio Germán Martínez Rodríguez e Esteban Peláez Domínguez, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 30 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
