O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Toutón (Mondariz) e Borbén (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC de Toutón presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Toutón, no concello de Mondariz, e a CMVMC de Borbén, no concello de Pazos de Borbén. Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Toutón (ID 2846) da CMVMC de Toutón, Mondariz.
– MVMC de Borbén (ID 2937) da CMVMC de Borbén, Pazos de Borbén.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 18.5.2022, asinada o 29.2.2024.
– Papeleta do 14.9.2022 e acta de conciliación do 20.10.2022 do Xulgado de Paz de Pazos de Borbén do acto conciliatorio núm. 3 de 2022.
– Certificado do 21.2.2024 da secretaria da CMVMC de Toutón coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 25.7.2022.
– Certificado do 22.8.2022 da secretaria da CMVMC de Borbén coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea extraordinaria do 21.8.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, coas fotos dos puntos levantados sobre o terreo, asinada o 30.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 568 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: PNANE7D0H03K7X8V e WJXJ7BGW4NPFKFRW.
Segundo. Os puntos levantados no campo, en coordenadas UTM ETRS89 (zona 29N), de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo, son os seguintes:
|
Número |
X |
Y |
|
1 |
541535,58 |
4681375,17 |
|
2 |
541437,29 |
4681231,84 |
|
3 |
541371,36 |
4681097,91 |
|
4 |
541263,42 |
4680874,93 |
|
5 |
541033,25 |
4680401,28 |
|
6 |
540939,72 |
4680205,98 |
|
7 |
540913,52 |
4680150,69 |
|
8 |
540830,43 |
4679994,17 |
|
9 |
540774,63 |
4679950,95 |
|
10 |
540663,79 |
4679866,80 |
|
11 |
540642,63 |
4679852,47 |
|
12 |
540480,79 |
4679754,98 |
|
13 |
540445,21 |
4679702,64 |
|
14 |
540431,58 |
4679670,56 |
|
15 |
540288,45 |
4679554,94 |
|
16 |
540232,76 |
4679500,28 |
|
17 |
540141,70 |
4679471,56 |
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.244 metros, do punto 1 ao 17, e interrómpese do 11 ao 12 pola non existencia de MVMC.
A liña de deslindamento corresponde cos puntos da epígrafe anterior (do 1 ao 11 e do 12 ao 17), correspondente cos puntos levantados no campo.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que non existe linde entre ambos os dous desde o punto 8 ao 11 e desde 16 ao 17, pero está xustificado o linde pola cartografía catastral. Ademais, tanto a CMVMC de Toutón como a CMVMC de Borbén presentaron solicitudes de revisión de esbozo no ano 2024 que xustifican ese linde.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía do esbozo de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Toutón: presenta axuste co resto do esbozo. Ademais, realizou no ano 2024 unha solicitude de revisión de esbozo que se axusta a este deslindamento.
– CMVMC de Borbén: presenta axuste co resto do esbozo. Ademais, realizou no ano 2024 unha solicitude de revisión de esbozo que se axusta a este deslindamento.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Toutón, no concello de Mondariz, e a CMVMC de Borbén, no concello de Pazos de Borbén, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
