O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Barcia e Covelo (A Lama), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022 a CMVMC de Barcia, presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Barcia e a CMVMC de Covelo, ambas no concello da Lama.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Barcia (ID Monte: 2809) da CMVMC de Barcia.
– MVMC de Covelo (ID Monte: 2811) da CMVMC de Covelo.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do 17.9.2022.
– Papeleta do 16.2.24 e acta de conciliación nº 01/2024 entre as comunidades no Xulgado de Paz da Lama o 19.3.2024.
– Certificado da secretaria da CMVMC de Covelo coa conformidade do presidente de 30.9.2022 da aprobación na asemblea xeral do 7.11.2021.
– Certificado do secretario da CMVMC de Barcia coa conformidade do presidente de 26.9.2022 da aprobación en Asemblea do 24.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.4.2024 pola enxeñeiro técnico forestal colexiada núm. 568 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 0Q1XQZN0XKQ4R93W, 5324XEHX6G15WCGE e Z1FQP5859G3Q7ARY.
Terceiro. A liña de deslinde proposta ten unha lonxitude de 3.170 metros e está formada por 3 tramos:
Tramo 1 de 2,01 km: de P01 a P10.
Tramo 2 de 0,16 km : de P11 a P13.
Tramo 3 de 1,00 km: de P14 a P19, liña que se interrompe de P17 a P18 por estrada.
Que corresponde cos seguintes puntos en coordenadas ETRS89 (Zona29N):
|
Número |
X |
Y |
|
1 |
550042,45 |
4701393,77 |
|
2 |
550050,20 |
4701273,67 |
|
3 |
550069,11 |
4700996,54 |
|
4 |
550149,74 |
4700758,80 |
|
5 |
550245,43 |
4700470,46 |
|
6 |
550298,64 |
4700332,96 |
|
7 |
550361,15 |
4700137,71 |
|
8 |
550491,26 |
4699922,05 |
|
9 |
550646,55 |
4699718,06 |
|
10 |
550740,57 |
4699550,82 |
|
11 |
551896,18 |
4699450,67 |
|
12 |
551915,96 |
4699487,38 |
|
13 |
551996,46 |
4699578,23 |
|
14 |
552313,94 |
4700101,41 |
|
15 |
552495,98 |
4700001,72 |
|
16 |
552350,64 |
4699517,74 |
|
17 |
552455,84 |
4699411,47 |
|
18 |
552460,61 |
4699406,64 |
|
19 |
552556,50 |
4699309,77 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos, excepto no tramo 2 que o deslindamento se xustifica pola cartografía catastral. O deslindamento non afecta terceiros propietarios.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación, polo que presentan axustes que recollen o deslinde.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC da Barcia e a CMVMC de Covelo, ambas no concello da Lama, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
