DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34577

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).

Advertiuse un erro material no anexo V da devandita orde publicada no DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2014.

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, permite que estas poidan rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

Con base no anterior, procédese á corrección de erros e á publicación íntegra do devandito anexo V:

Na páxina 4344, no anexo V, Certificación da Secretaría, fase de xustificación, onde di:

«...aprobouse/aprobáronse a/as factura/s e/ou certificación/s de obra correspondente/s á execución do proxecto subvencionado, por importe total de ________ € (IVE excluído)...».

Debe dicir:

«...aprobouse/aprobáronse a/as factura/s e/ou certificación/s de obra correspondente/s á execución do proxecto subvencionado, por importe total de ________ € (IVE incluído)...».

missing image file