De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 10 de xuño de 2025, mediante a Resolución da Alcaldía número 1647/2025, foi aprobado o proxecto de obras de humanización da travesía de Arteixo, fase 1, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Antonio J. Durán Maciñeira e polos arquitectos Carmen Pérez Parapar e Ramón Montero Cereijo, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) para a obtención dos bens e dereitos afectados polo devandito proxecto.
Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública, por período dun mes, o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada co traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todas as persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
|
Nº |
Ref. catastral |
Titularidade |
Sp. total (m2) |
Exprop. def. (m2) |
Constr. |
|
1 |
15005A061003810000PB |
Orgeira Dopico José Ramón, hdos. |
5.725,00 |
247,00 |
|
|
2 |
15005A061003790000PY |
Fuentes Zas José Manuel, hdos. |
3.337,00 |
852,00 |
|
|
3 |
15005A061003390000PU |
Patiño García José Antonio |
418,00 |
198,00 |
|
|
4 |
0959801NH4905N0001YO |
Concello de Arteixo Esmorís Rega José, hdos. |
281,00 |
170,00 |
|
|
5 |
0858405NH4905N0001YO |
Fuentes Zas María del Carmen |
974,00 |
3,00 |
|
|
6 |
0858401NH4905N0001HO |
De la Fuente García Manuel, hdos. |
414,00 |
259,00 |
|
|
11 |
0858417NH4905N0001KO |
Iglesias Maceiras Jesús |
236,00 |
125,00 |
Galpón |
|
12 |
0858416NH4905N0001OO |
Iglesias Maceiras Jesús |
99,00 |
99,00 |
Vivenda |
|
13 |
0858415NH4905N0001MO |
Espiñeira Vázquez Luis, Espiñeira Vázquez Manuela e Espiñeira Vázquez Pilar, hdos. |
890,00 |
90,00 |
Vivenda |
|
14 |
0757601NH4905N0001RO |
Fuentes Zas María del Carmen, Fuentes Cedeira José, hdos. e Fuentes Zas José Manuel, hdos. |
138 |
138,00 |
Vivenda |
|
15 |
0757617NH4905N0001YO |
Campos Cedeira Jesús |
715,00 |
103,00 |
|
|
17 |
0757627NH4905N0001MO |
Campos Cedeira Jesús |
53,00 |
53,00 |
|
|
18 |
0757626NH4905N0001FO |
Campos Cedeira Jesús |
13,00 |
13,00 |
|
|
19 |
0757613NH4905N0001HO |
Calvete Dans Emilia e Grela Martínez Antonio Isaac, hdos. |
152,00 |
31,00 |
|
|
20 |
0556707NH4905N0001RO |
Rodríguez Alvedro José Manuel, Rodríguez Alvedro María del Pilar e Rodríguez Alvedro Ramón |
541,00 |
31,00 |
|
|
22 |
0556738NH4905N0001KO |
Maceiras Pombo María Luisa e Gestal Martínez Eladio |
1647 |
61,00 |
|
|
24 |
0556771NH4905N0001MO |
Descoñecido |
710,00 |
56,00 |
|
|
25 |
0556713NH4905N0001IO |
Veira Ferrín María e López Souto José |
963,00 |
20,00 |
|
|
26 |
0556715NH4905N0001EO |
Campos Cedeira José Ramon e Díaz Muñiz Remedios |
853 |
19,00 |
|
|
28 |
0556719NH4905N0001HO |
Orgeira Naya María Carmen e Orgeira Naya José Antonio |
3.404,00 |
55,00 |
|
|
31 |
0658906NH4905N0001TO |
Concello de Arteixo, 66,66 % Montes Villaverde Jesús 33,33 % |
310,00 |
22,1 |
|
|
31b |
0658907NH4905N0001FO |
Pamonde Coruña, S.L. |
653,00 |
22,1 |
|
|
33 |
0453741NH4905S0001AJ |
Actuaciones Urbanísticas Construr, S.L. |
388,00 |
24,00 |
|
|
33b |
0453740NH4905S0001WJ |
Cabancas, S.L. |
1.899,00 |
155,68 |
Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo nº 249, 3ª planta, en horario de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider efectuar, sirva esta notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 10 de xuño de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural
