Por nove votos a favor do partido popular e tres abstencións, dúas do grupo socialista e unha do grupo mixto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión ordinaria do 29 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da zona verde EL/ZV-30. Cerdedo, nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada.
2. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG e o contido do plan queda á disposición do público na páxina web do Concello http://www.cerdedo-cotobade.gal/
3. Dar traslado á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Publicar a normativa e as ordenanzas no BOP de Pontevedra.
4. Notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados, aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial.
Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Cerdedo-Cotobade, 30 de maio de 2025
Jorge Cubela López
Alcalde
