No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 98, do 26 de maio de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición, de tres prazas de administrativo/a (subgrupo C1) da escala da Administración xeral, subescala administrativa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.
Marín, 29 de maio de 2025
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa
