DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a adaptación de aliñacións no ámbito Z6 do Plan parcial SAU 3 pazo de Rianxiño asinado o 4 de abril 2025 unha vez corrixidas as consideracións manifestas no requirimento formulado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

O Pleno do Concello de Rianxo do 24 de abril de 2025, acordou:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a adaptación de aliñacións no ámbito Z6 do Plan parcial SAU 3 pazo de Rianxiño asinado o 4 de abril de 2025 unha vez corrixidas as consideracións manifestas no requirimento formulado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Publicar o Acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Notificar este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Rianxo, 29 de maio de 2025

Julián Bustelo Abuín
Alcalde