En cumprimento do disposto no artigo 35 da orde de bases reguladoras, no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2024, con cargo á aplicación orzamentaria 46.03.723C.780.2, para o financiamento de proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
A persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
P.A. (Artigo 11.e) da Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Aplicación orzamentaria: 46.03.723C.780.2
|
Proxecto |
Beneficiaria |
Importe |
|
PE209F-2024-00003 Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas a través da recollida de residuos mariños, lixo mariño |
Confraría de Pescadores de Cedeira |
27.832,44 € |
|
PE209F-2024-00004 Mar sen lixo III |
Confraría de Pescadores San Martín do Grove |
65.767,63 € |
|
PE209F-2024-00005 Retirada de algas dos bancos marisqueiros de a flote |
Confraría de Pescadores San Martín do Grove |
26.798,80 € |
|
PE209F-2024-00009 Proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, confrarías de Muros e O Pindo |
Confraría de Pescadores de Muros |
54.102,99 € |
|
PE209F-2024-00009 Proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, confrarías de Muros e O Pindo |
Confraría de Pescadores do Pindo |
4.819,64 € |
|
PE209F-2024-00010 Recollida de lixo mariño. Vilaboa 2024 |
Confraría de Pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira |
68.046,44 € |
|
PE209F-2024-00012 Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Vigo |
Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo |
11.132,07 € |
|
PE209F-2024-00015 Sen lixo. Confraría de Arcade contra o lixo mariño |
Confraría de Pescadores Virgen del Carmen Arcade |
42.759,50 € |
|
PE209F-2024-00019 Econoia 5 |
Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia |
125.016,77 € |
