Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 2 de xuño de 2025 (DOG número 107, do 6 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr |
Nivel |
|
1 |
***1797** |
López Fernández, David |
2 |
PX6991000015001005 |
PX |
Letrado/a |
Gabinete Territorial da Coruña |
Asesoría Xurídica Xeral |
A Coruña |
A1 |
28 |
|
2 |
***8779** |
Díaz Seco, Laura |
4 |
PX6991000027001002 |
PX |
Letrado/a |
Gabinete Territorial de Lugo |
Asesoría Xurídica Xeral |
Lugo |
A1 |
28 |
|
3 |
***2706** |
Álvarez Vázquez, Amalia |
3 |
PX6991000015001006 |
PX |
Letrado/a |
Gabinete Territorial da Coruña |
Asesoría Xurídica Xeral |
A Coruña |
A1 |
28 |
|
4 |
***9248** |
Seijo Vázquez, Ignacio Tomás |
5 |
SAS020000115770012 |
SA |
Letrado/a |
Xerencia do Servizo Galego de Saúde |
Asesoría Xurídica |
Santiago de Compostela |
A1 |
28 |
|
5 |
***3199** |
Basteiro Álvarez, Nuria |
1 |
PX6010000015770013 |
PX |
Letrado/a |
Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia |
Asesoría Xurídica Xeral |
Santiago de Compostela |
A1 |
28 |
