A instalación denominada Modificación LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados entre os apoios 44 e 45 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 28 de outubro 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 9 de xullo de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cambados.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, e informase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 2 de xuño de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Modificación LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados entre os apoios 44 e 45 |
|||||||
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 Solo |
ml aérea |
m2 aérea |
|
1 |
36006B501001650000WT |
Agüeiros |
Carmen Abal González |
44N |
9,69 |
50,13 |
423,28 |
