Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 20 de maio de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica de instalación de telecontrol na LMT SCY822 en A5QJDDWC//130-1, no concello de Trazo (expediente IN407A 2024/063-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 2 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Trazo
|
Nº parcela |
Lugar |
Datos catastrais |
Cultivo |
Propietario |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Ponte Nova |
15087A014002460000SL |
Rústico, agrario Piñeiral madeirable |
Antonio Mallo Mallo |
A5QJDD WC//130-1 |
2 |
