DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 35030

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2024 e 2025 (CL2025M), quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 101, do 29 de maio de 2025, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2024 e 2025 (CL2025M), quenda libre.

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a seguir:

1. Unha praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2.

2. Unha praza de diplomado/a en enfermería, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2.

3. Tres prazas de técnico/a en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integradas no subgrupo A2.

4. Cinco prazas de técnico/a auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar e integradas no subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 2 de xuño de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral