No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 101, do 29 de maio de 2025, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público do ano 2025 (CPI2025M), quenda promoción interna.
O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a seguir:
1. Tres prazas de técnico medio xestión tributaria, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no subgrupo A2.
2. Dúas prazas de técnico/a auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no subgrupo C1.
3. Unha praza de vixilante de Infraestruturas, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C1.
4. Unha praza de coordinador de brigadas, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C1.
5. Unha praza de técnico/a informático/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no subgrupo C1.
6. Dez prazas de oficial/a de servizos xerais e subalternos, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no subgrupo C2.
7. Unha praza de oficial/a de servizos xerais e subalternos, reservada a persoas con discapacidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no subgrupo C2.
8. Cinco prazas de oficial/a servizos varios, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2.
9. Cinco prazas de oficial/a agrícola gandeiro/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2.
O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.
Pontevedra, 30 de maio de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral
