DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 35027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante de administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 92, do 16 de maio de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir definitivamente, mediante o sistema de selección de oposición, a praza de administrativo/a, da escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, reservada a funcionarios de carreira, incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Ponte Caldelas, 26 de maio de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde