DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 35026

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en materia de xestión de biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas interesadas nun procedemento son descoñecidas, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, co apercibimento de que, en caso de persistencia no incumprimento, pasado este prazo, o Concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos:

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Persoa/DNI

2025/X999/000015

15065A012003800000JU

Decreto 257/2025,

do 23 de maio

Amparo Quiroga Quiroga

Paderne, 3 de xuño de 2025

Sergio Platas Casal
Alcalde