DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2025 Páx. 35025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a provisión do posto de xefe/a de servizo de Recursos Humanos, Organización e Réxime Interior polo sistema de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 70, do 11 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión do posto de xefe/a de servizo de Recursos Humanos, Organización e Réxime Interior polo sistema de libre designación do Concello de Culleredo, aprobadas pola Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de marzo de 2025.

O prazo para a presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 11 de abril de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución núm.1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior