DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de maio de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Pru Depuración, S.L. de concesión administrativa no porto de Pontecesures para a ocupación de edificación do dominio público 13.01.EDF.004 e 13.01.EDF.005 con destino á fabricación de prefabricados de formigón (expediente 13-01-25-C1).

Pru Depuración, S.L., solicita a concesión administrativa no porto de Pontecesures para a ocupación de edificación do dominio público 13.01.EDF.004 e 13.01.EDF.005 con destino a fabricación de prefabricados de formigón, segundo o proxecto titulado Memoria reforma nave para prefabricados de formigón en Pontecesures.

Debido a que a ocupación solicitada excede os 2.500 m2, en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión que afecte o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións ou solicitudes en competencia que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de maio de 2025

Ibán Rodríguez Fernández
Xefe da zona sur de Portos de Galicia