De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236 do 2 de outubro), notifícase a Manuel Méndez Torres, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 15 de maio de 2025 acordou estimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 14 de marzo de 2025 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-25-10.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, a elección da persoa interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.
O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas-Praza Europa 5A-6º, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe sanción |
|
Sanc. 12-48-25-10 2498-FZV Gardapeiraos |
Manuel Méndez Torres |
Estacionamento prohibido. 25.10.2024 15.26 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
