DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2025 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas.

Logo da solicitude do Club Náutico de Rianxo, a Presidencia de Portos de Galicia acordou o día 2 de abril de 2025 admitir a trámite a solicitude de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas.

Cumprido o trámite de competencia de proxectos e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, empregando o procedemento xenérico PR004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia