A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 7 de maio de 2025, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudo de detalle do desenvolvemento ED-03_E.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará dispoñible no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello, na epígrafe oficial, taboleiro de anuncios ou na seguinte ligazón: https://baiona.sedelectronica.gal/board
Baiona, 17 de xuño de 2025
Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde
