Mediante a Resolución da Alcaldía 256/2025, do 21 de maio, acordouse a aprobación inicial do proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución dunha estrada en Canduas, a través do sistema de taxación conxunta, e someter o expediente á información pública e audiencia por prazo dun mes. A parte dispositiva da citada resolución establece o seguinte:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución dunha estrada en Canduas (RE 202599900000288, do 14.4.2025), redactado polo arquitecto técnico Marcos Pose Andrade.
Segundo. Tramitar a expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta.
Terceiro. Ter por declarada a utilidade pública dos bens e dereitos afectados segundo o PXOM e o proxecto expropiatorio.
Cuarto. A relación de bens e dereitos afectados polo proxecto expropiatorio é a seguinte:
|
Nº de parcela |
Ref. catastral |
Titularidade |
Clase de solo |
Sup. afectada polo proxecto de expropiación (m2) |
Valoración (€) |
|
1 |
15014A005001070000AR |
Manuel Domínguez Rodríguez María Consuelo Collazo Amado |
Urbano |
32,20 |
676,20 |
|
2 |
15014A005001060000AK |
Carmen Nantón Moreira. Juan Carlos Paredes Nantón |
Urbano |
88,62 |
1.861,02 |
|
3 |
15014A005001050001SP |
Ángel Ferreiro Lema |
Urbano |
144,67 |
3.038,07 |
|
4 |
15014A005001030000AF |
Enrique Lema Rodríguez |
Urbano |
100,08 |
0 |
|
5 |
15014A005000400000AT |
Manuel Blanco Nantón |
Urbano |
25,78 |
541,38 |
|
6 |
15014A005000390001SQ |
José Antonio Souto Fariña María Dolores Martínez Souto Dina Souto Martínez |
Urbano |
73,04 |
0 |
|
7 |
15014A005000380001SG |
Carmen Moreira Durán |
Urbano |
28,01 |
588,21 |
|
8 |
15014A005000370000AT |
Herdeiros de Francisco Romero Bentín |
Urbano |
38,50 |
1.215,78 |
|
9 |
15014A005000360000AL |
Isabel Castro Fuentes |
Urbano |
15,62 |
427,07 |
|
10 |
15014A005000340000AQ |
Ángel Ferreiro Lema María Carmen Pérez Rioboo |
Urbano |
214,28 |
8.800,56 |
Quinto. Someter o expediente á información pública e audiencia por prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello (https://sede.cabana.gal/opencms/es/informacion/, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como no portal de transparencia municipal, para que aquelas persoas que puidesen estar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Para estes efectos, o expediente estará exposto no concello (Departamento de Urbanismo), sito no lugar da Carballa-Cesullas, s/n, Cabana de Bergantiños, e o proxecto publicarase no portal de transparencia.
O prazo dun mes de información pública contarase desde a publicación no BOP da Coruña.
Sexto. Notificar a presente resolución de forma individual a cantos figuren no proxecto como titulares de bens e dereitos, con traslado da folla de valoración para que poidan presentar alegacións e/ou reclamacións no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación.
O expediente poderá consultarse na Casa do Concello de Cabana de Bergantiños (A Carballa, 1, Cesullas,) de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas (cita previa solicitada no Servizo de Urbanismo no 981 75 40 20), así como no portal de transparencia (https://sede.cabana.gal/sxc/gl/portal_transparencia/Relevancia_Juridica/Proyectos_Normativos/Proyectos_Normativos.html).
Cabana de Bergantiños, 28 de maio de 2025
José Muíño Domínguez
Alcalde
