No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 101, do 29 de maio de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover a seguinte praza:
– Funcionario de carreira:
Unha praza de técnico de Administración xeral, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1, mediante o sistema oposición, en quenda libre.
A información do proceso selectivo publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis sito na rúa Ferrería, nº 1, no taboleiro de anuncios electrónico e no portal de transparencia da sede electrónica, área institucional.
Publicarase un extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. O prazo de presentación de solicitudes de admisión nas probas de selección será de vinte (20) días naturais a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Caldas de Reis, 29 de maio de 2025
Jacobo Pérez Gulín
Alcalde
