DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de abril de 2025, polo que se autoriza a exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parte dunha parcela no monte San Cibrán, Aradas e outros, número 563, pertencente á Entidade Local Menor de Bembrive (concello de Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de abril de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte

«Acordo:

Autorizar a exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha superficie de 2.142,6 m2 encadrada dentro da parcela catastral 36033A067000010000SI e definida polos marcos 39 e 40, do monte San Cibrán, Aradas e outros, pertencente á Entidade Local Menor (ELM) de Bembrive (concello de Vigo), que estaba incluído no dito catálogo co número 563, por causa do interese público prevalente do proxecto Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360».

Contra este acordo, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal