DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0312/2025-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0312/2025-V e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer unha proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 5 de xuño de 2025

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13 de maio de 2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0312/2025-V

47382174N

Inicio

R/ Adelaida Muro, 37-39, 2º esq., 15002 A Coruña

PSC-CO-0319/2025-V

47353688T

Inicio

Lg. Viseo, 16, 15124 Muxía (A Coruña)

PSC-CO-0322/2025-PPM

76778717W

Inicio

Avda. del Rocío, 31, 15230 Outes (A Coruña)

PSC-CO-0325/2025-PPM

53797399P

Inicio

Pz. Compostela, 7, 1ºA, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0326/2025-PPM

X7049542L

Inicio

Avda. da Coruña, 27 baixo, 15960 Ribeira (A Coruña)