BDNS (Identif.): 809194.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/809194
Artigo único
1. Reaxustar as anualidades previstas na aplicación 16.03.514A.781.0 do código de proxecto 2023 178, na anualidade 2025, sen incrementar o orzamento total da convocatoria, minorando a anualidade de 2026 en 1.500.000 euros e incrementando o mesmo importe na anualidade de 2025. Os créditos quedarían coa seguinte distribución plurianual fixada no cadro seguinte:
|
Ano 2025 |
Ano 2026 |
Total |
|
7.500.000 € |
1.500.000 € |
9.000.000 € |
O importe está cofinanciado nun 70 % polo FEMPA (prioridade 1: fomentar a pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, obxectivo específico 1.1: reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sostibles; medida 1.1.12: portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros) e nun 30 % pola Comunidade Autónoma.
2. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única
A presente orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
