DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35217

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 23 de xuño de 2025 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de xuño pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (código de procedemento ED013C).

No Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño de 2025, publicouse a Orde do 5 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Ao detectarse a non dispoñibilidade da solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, o que implica a imposibilidade do cumprimento dos prazos establecidos na citada orde, e para os efectos de garantir a seguridade xurídica do procedemento, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Que se deixe sen efecto a Orde do 5 de xuño de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño, e que se publique unha nova orde.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional