O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 321 convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 29 de abril de 2025 (BOE do 12 de maio), e resolto pola Resolución do 2 de xuño de 2025, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e os demais concordantes do regulamento para a súa execución; co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,
DISPOÑO:
Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
• Francisca Núñez Núñez, rexistradora de Santiago de Compostela nº 1 para o Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra III.
