DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de xuño de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nun expediente sancionador.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de xuño de 2025

Luís Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto de notificación

VP-C 011/2024

52451239S

Resolución