DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 25 de xuño de 2025 Páx. 35607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, no procedemento abreviado 143/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, tramítase o recurso 143/2025 (procedemento abreviado), interposto por Rebeca Parada López contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición presentado o 15.1.2025 contra a Resolución do 9.12.2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26.12.2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e se executa o veredicto xudicial firme que afecta a resolución de convocatoria (DOG núm. 242, do 17 de decembro)

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos