O Pleno do Concello de Burela, na sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2023, acordou a tramitación de convenio urbanístico de planeamento.
En cumprimento do artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o texto do dito convenio ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
A documentación do convenio estará á disposición das persoas interesadas fisicamente nas dependencias do Concello de Burela e electronicamente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na seguinte ligazón:
https://burela.sedelectronica.es/board/975963e4-f59b-11de-b600-00237da12c6a/
Burela, 17 de xuño de 2025
María del Carmen López Moreno
Alcaldesa
